Naufraxios




Nome:  Yeoman

Tipo: Carga Xeral

Nacionalidade: Inglesa  

Data: 10/02/1904 

Lugar: Pedra do Porto (Camelle)


AUDIORELATO: O EQUINO MEDIEVAL NA FASHION WEEK DA PEDRA DO PORTO 

O bacallau e os panos do Natalia e Yeoman abrigaron os corpos da xente de Camelle, quizais non os estrearon para as festas, como Manolo e a súa burra sexan froito da imaxinación.




O "YEOMAN", con matrícula de Liverpool, pertencente a "The Carrent Steamership" ,de catro paus e unha cheminea, movido por unha potente máquina,navegaba en bolina procurando o Vilán na recalada da súa viaxe Liverpool - Calcuta, cunha carga xeral de 4000 toneladas, ademáis de 2000 de sal e 1500 de carbón. 
A noite do 10 de febreiro de 1904 ,o vento fíxoo abater ata chocar entre os baixíos Barranco alto e a Pedra do Porto. Salpicou o pánico entre a tripulación formada maioritariamente por indios de cor. 
Seis indios,froito da tensión,desoíron as ordes do capitán Mr. Long, riscando o cabo dun dos botes e lanzándose sen máis a aquel mar infernal.As dúas horas, botábaos a dúas millas, dous seriamente magoados e catro cadáveres.
A coraxe e valentía dos mariñeiros de Camelle no salvamento do resto da tripulación permitiu que todos puidesen ser salvados dunha morte segura. 
Ós dous días do naufraxio, o mar esparexeu a carga de pacas de teas pola costa. 
A compañía Barbeito adquiriu o barco axiña, pagando os salarios dos traballadores a cambio do pano que acadaran na costa.