Nome: Natalia
Tipo: Vapor
Nacionalidade: Española
Data: 12/01/1915
Lugar: Pedra do Porto (Camelle)
O
bacallau e os panos do Natalia e Yeoman abrigaron os corpos da xente
de Camelle, quizais non os estrearon para as festas, como Manolo e a
súa burra sexan froito da imaxinación.

O día 12 de xaneiro de 1915 naufragaba na Pedra do Porto o vapor español Natalia,un buque de 2000 toneladas da compañía Serra de Sevilla.
Cunha tripulación de 35 homes, adicábase ó comercio entre Liverpool e Barcelona.
Procedía de A Coruña, onde descargara parte da mercadoría que traía do porto inglés, e dirixíase a Vigo, onde tiña previsto descargar un gran torno para a factoría Barreras. O resto da carga consistía en diversos artigos como xéneros, maquinaria, bacallau, sulfato de cobre, ferramentas e teares.
A circunstancia determinante para o naufraxio foi unha mesta néboa que impediu tomar referencias para situalo buque e evitar a desgraza final. Unha vez máis os propios habitantes de Camelle encargáronse de evitar que se perdese nin unha soa vida, nin sequera a equipaxe persoal.