Naufraxios


LAYAR (Realidade Aumentada)



¿Qué é Layar?


Layar é unha aplicación de Realidade Aumentada que mostra información sobre o que hai o teu arredor, engadindo datos xerados por ordenador en tempo real sobre as imaxes do mundo real que che rodea.

¿Cómo funciona?


A aplicación combina a utilización do GPS, a brúxula dixital, a cámara e a conexión permanente a Internet. A cámara captura imaxes do que tes o teu arredor e móstrao na pantalla. O GPS determina a túa posición exacta e a brúxula a dirección na que estás ollando. Baseándose nisto, a aplicación toma datos de internet e superpóñoos enriba da pantalla do móbil.

¿Con qué móbiles podo utilizar a aplicación?


Para poder utilizar a aplicación é necesario dispoñer dun teléfono con sistema operativo Android ou un IPhone3GS dotados de GPS.

¿Cómo atopo a capa “Ruta Naufragios”?


Para elo só tes que abrir a aplicación e no buscador de capas escribir “Ruta Naufragios”. Selecciona a capa entre os resultados e agrégao como favorita para tela sempre dispoñible.

¿Qué información ten?


A capa de realidade aumentada de “Ruta Naufragios” mostra información sobre 63 naufraxios y 4 puntos de interese situados no perímetro da costa do Concello  de Camariñas.
Ademais podes escoitar os relatos que acompañan a certos naufraxios, para elo, debes descargar a aplicación do reproductor de audio. Descargar

¿Cómo se emprega?


Na aplicación a información mostrase de distintas formas:

Realidade Aumentada: É a que aparece por defecto. Mostra a información  dixital sobre unha imaxe real. Si queremos obter información adicional de un determinado punto, só temos que  premer sobre a descrición que se encontra na parte inferior  e unha pantalla intermedia  nos permitirá realizar distintas accións como, ver  información ampliada ou utilizar a funcionalidade “Cómo chegar” de  Google Maps, que nos permite trazar a ruta mais curta dende  a nosa localización ata o punto de interese.

Mapa: Mostra  a información da capa sobre un mapa de  Google Maps. Si queremos obter información sobre un elemento, só temos que pulsar sobre el para activalo  e logo sobre a descrición da parte inferior da pantalla.

Lista: Mostra a información da capa nunha lista.  Os elementos están ordenados segundo a súa distancia a nos. Para obter  información adicional hai que premer sobre o elemento e aparecerá un menú coas posibles opcións.

Estrela: Gardar capa activa na lista de  favoritas.

Brúxula: Indícanos a posición e distancia relativa dos distintos elementos atopados. Si prememos sobre a brúxula tamén poderemos filtrar os resultados.