Naufraxios



Nome:  Castillo Monteagudo 

Tipo: Carboeiro 

Nacionalidade: Española 

Data: 15/09/1951

Lugar: Baixos da Carballosa (Arou)


O Castillo Monteagudo formaba parte da compañía viguesa Vicente Suárez, procedía de Cardiff cando petou cos baixos da Carballosa a raíz da néboa, na segunda quincena de setembro de 1951. Os habitantes de Arou contemplaron abraiados como o barco ía rumbo os baixíos arredor de As Lobeiras. Tras o inevitable choque, o capitán órdea dar marcha atrás conseguindo liberalo, co casco danado, foi preciso unha varada controlada na praia do Curro, onde, despois dunha semana de traballo salvouse de perecer no lugar. Foi necesario liberalo de parte da súa carga, abandonada na praia, os habitantes da zona  tiveron unha provisión de carbón para máis dun ano.