Estacións de Salvamento en Camelle
AUDIORELATO: BALEAS BRANCAS PARA A FAME NEGRA
Un
reflexo do pulo que tivo Camelle nos anos vinte do século pasado, que
desapareceu, como os náufragos do balandro San Fernando nas augas de
Trece.

![]() |
Traballadores da Compañia de Salvamentos |
No ano 1898 establécese en Camelle a Estación de Salvamentos Barbeito Rodríguez e Compañía, adicándose á prestación de auxilios a buques que o requiran, salvamento das súas cargas e despezamento e aproveitamento dos seus despoxos.
Equipada con varios barcos como o “Camelle” ,“Pepe”, “P.F.” un barco taller chamado “Finisterre”, un almacén (na actual Casa do Alemán) e varios buzos ó seu servizo,no ano 1904 muda o nome a Compañía de Salvamentos Marítimos e amplía as súas actividades ao pasaxe entre A Coruña e Ferrol.
Ademais dos socios fundacionais: Juan Barbeito e Federico Rodríguez, forman parte do consello de dirección os sobriños de José Pastor e fillos Marchesi Dalmau.
As novas actividades non parece que foran moi rendibles e no ano 1924 disólvese a compañía, sacando a poxa o seu equipamento:

Pertrechando o buzo |
A Compañía Barbeito foi un pulo na economía de Camelle, ademáis da contratación da tripulación para os seus barcos, supuxo unha escola para formar aos mellores buzos e profesionais nesas tarefas. Camelle foi o centro de recepción de todos os náufragos, representantes das Compañías de Seguros, persoal de aduanas, cónsules de distintos países, xa que nas oficinas da compañía practicábanse as primeiras dilixencias, procurábase aloxamento ós náufragos e transporte para o seu traslado. Outras compañías viñeron a substituíla na procura dos mellores buzos e profesionais da Costa da Morte, como: Compañía Pastor, Compañía Viúva de Márquez, Compañía José Vázquez, Compañía Pérez Leis, etc..