Naufraxios




Nome:  Preston 

Tipo: Mercante 

Nacionalidade: Inglesa 

Data: 01/05/1906 

Lugar: Enseada de Trece


AUDIORELATO: EROS E TÁNATOS

Un lugar natural cunha beleza extraordinaria para uns, para outros o leito mais atroz que lembraron sempre.





No lugar coñecido como o Coido dos Lumes (debaixo do Cemiterio dos Ingleses), o Preston achou a terra ante a intensa néboa na noite do 1 de maio de 1906. Un mercante de 2000 toneladas de desprazamento, ía con destino a Xénova levando 1125 toneladas de carga xeral: pita, lá, maquinaria... E unha tripulación de 25 homes.