Naufraxios



Nome:  Iris Hull 

Tipo: Vapor 

Nacionalidade: Inglesa 

Data: 05/11/1883 

Lugar: Enseada de Trece


AUDIORELATO: GEORGE CHIRWING




AUDIORELATO: EROS E TÁNATOS

Un lugar natural cunha beleza extraordinaria para uns, para outros o leito mais atroz que lembraran sempre.





O drama do Iris Hull consumouse o 5 de novembro de 1883 en punta Boi.Un vapor cunha carga de 1433 toneladas e 29 homes na tripulación,que saíra de Cardiff con destino á India.

Nesa noite un forte temporal azoutaba a costa e non chegaron a percibir a tenue luz do faro de Cabo Vilán, ante unha visibilidade moi reducida. 
Cando pretendían dobralo cabo Vilán, ás catro da maña, o barco petou contra os baixos do Boi. Co choque rompeulle a carena, quedando completamente anegado e derrubado o pau de mesana ,que na súa caída acabou coa vida do capitán. 
O barco estaba nunha situación moi apurada, posto que se encontraba constantemente batido polas ondas, o que impedía calquera manobra de achegamento por terra e mar. Coa nova ,a xente de Camariñas achegouse ó lugar, pero non podían facer nada coa forza da rompente.Nove homes izados e atados aos paus, redobraban os berros de socorro ó contemplar á xente moi preto deles. A impotencia total fixo que dous homes se soltaran dos paus, desaparecendo na escuma. 
Todo o día durou aquel inferno asidos aos paus, e coa noite todo rematou ó esnaquizarse o barco, arrastrando con el os mastros.
 Tan só un supervivente, George Chirgwin, espido e magoado, acadou a costa.