Naufraxios





Nome:  Nil

Tipo: Carga Xeral 

Nacionalidade: Francesa

Data: 10/10/1927

Lugar: Xan Ferreiro (Arou)


AUDIORELATO: O GORDO DE 1927




O Nil embarrancaba nos baixos de Xan Ferreiro, no medio dunha mesta néboa, e cunha avaría nos guardíns do temón que lle impedía calquera manobra, ás sete da tarde do 10 de outubro de 1927. As condicións do mar fixeron que a tripulación e os pasaxeiros tivesen un rápido salvamento. 
O Nil,de 4000 toneladas, matriculado en Bordeaux, saíra de Bathrust, actual Banjun, en Gambia, cunha carga xeral de 20 coches, maquinaria, teas, seda, diversos produtos químicos e farmacéuticos e grandes cantidades de champaña. Tales riquezas esparexidas pola costa, atraeron ás xentes da comarca. 
Os traballos de salvamento estendéronse varios meses, pois o barco, aínda que perdido irremediablemente e con numerosos boquetes  por onde saía a mercadoría, aguantou o tempo necesario para recuperar a maior parte dela.

As anécdotas e curiosidades do Nil relatounas a comparsa "Os Piratas" de A Ponte do Porto no Entroido de 1928.