Naufraxios


O CERCO REAL EN CAMARIÑAS

AUDIORELATO: NO ENCAIXE DA HISTORIA 

A narración sitúanos nos antecedentes históricos descritos abaixo.

 



Estrutura do antigo porto de Camariñas
No marco institucional de 1748 establecese o privilexio e foro de Mariña e a Matrícula de Mar librando os mariñeiros da xurisdición señorial e eclesial. A armada pugna pola xurisdición mareira arrebatándolle progresivamente a  nobreza e a igrexa. Establecese a Matrícula de Mar como sistema de recrutamento marítimo e a Armada constrúe os "Grandes Armamentos" da Mariña de Guerra, que para tripulalos necesita demasiados pescadores, que son chamados a filas, desde os 16 anos ós 60 anos con excesiva frecuencia. Provocando unha despoboación de man de obra masculina que se adiquen as labouras mariñeiras, conlevando que os homes e mulleres labradores realizaran o traballo de pesca, sendo o mesmo mans inexpertas.

De tódalas formas, na práctica os mariñeiros seguirán facendo fronte a variadas imposicións. En Camariñas na década de 1770 contribuía o gremio do mar con dous quiñóns anuais de toda a pesca de sardiña, un para o xuíz ordinario de Vimianzo e outro para o seu escribán de número por pertence-la parroquia de San Xurxo de Buría á xurisdición de Vimianzo. Tamén achegaba este gremio tres quiñóns da pesca da sardiña ó seu cura párroco en compensación por un campo do igrexario que este lles cedía para que nel puideran face-los arranxos necesarios nas embarcacións e aparellos de pesca, ademais das bendicións que lles facía ás súas redes e á propia ría.
Aínda seguían pagando o décimo por razón de cura e sincura que se establecía noutros dous quiñóns, cantidade que se volvía repetir no caso do receptor dos reais alfolís do sal de Muxía. Finalmente, e como era costume, entregábanse ó Real Almirantado seiscentas sardiñas ou doce reais de vellón, cada vez que saía do porto unha embarcación con sardiña para a súa venda.


O porto de maior importancia a mediados do século XVIII na Costa da Morte era Camariñas, contaba co maior numero de barcos con cuberta para comerciar a sardiña con diferentes porto do litoral atlántico e cantábrico. Do porto camariñán saian cargados de sardiña con rumbo as vascongadas, o retorno facíano cargados de ferro que vendían na comarca.

Sistema de pesca do cerco real
No Catastro de Marqués de la Ensenada, do 1 de xullo de 1753, referise o sistema de pesca da sardiña na vila dos encaixes:

"Que en este puerto hay establecido el Armamento de dos cercos que sirven para la pesca de la sardina en tiempo de sazón y cosecha, la que regularmente empieza a primeros de septiembre y fenece a ultimos de Diciembre de cada año. Cuios armamentos se componen el uno de setenta quiñones de Aparejo, y el otro de ochenta, para cuio Armamento hay dos Barcos grandes que llaman Trincados, o Galeones de porte de trescientos quintales y Doce bancos cada uno, el uno llamado San Jorxe, y el otro Nuestra Señora del Monte, en los que lleban ala mar y buelben a la tierra, todas las Redes, Cordaje y más aparejos conducentes a dho Armamento. Cuios Galeones o Trincados son propios de todas las personas ynteresadas en el referido Armamento... como toda la pesca producto y utilidad que en ellos se saca y adquiere, la que dividen y puntualmente prorratean entre dhos quiñones de aparexo, y las personas que manexan y administran dho Armamento, llebando los ynteresados por razon de Aparejo un quiñon, y por razon de la persona otro, y si alguno tiene dos o mas quiñones de dho Aparexo lleba otros tantos de la referida pesca a proporcion y demas a mas el quiñon de la persona, y esta practica es la que se observa en este puerto... y se advierte que ademas de dhos trincados se emplean en dho Cerco todas las demas lanchas del Puerto."

As novas disposicións lexislativas non resultaron positivas para os mariñeiros. A Matricula converteuse nunha prestación persoal moi gravosa e a liberdade de pesca que tamén se fomentou nas Ordenanzas trouxo cara ás nosas costas ós fomentadores cataláns, que gozaban de tódolos privilexios pero que estaban exentos das prestacións persoais da Matrícula xa que estas só se cumprían no Departamento marítimo correspondente. Estes fomentadores, coas súas técnicas máis adiantadas, tanto na explotación do mar (emprego do palangre e da xábega,como na conservación (prensado) e comercialización dos seus produtos, non tiveron grandes problemas, á marxe dalgunhas revoltas, para se facer cos mercados. Nesta situación, os nosos mariñeiros e patróns acabaron por se converter nuns asalariados que pescaban por conta dos armadores.