Naufraxios




Nome:  Begoña 

Tipo: Mercante 

Nacionalidade: Española 

Data: 21/10/1966 

Lugar: Augas do Vilán




O Begoña era un mercante de cabotaxe de 210 toneladas,que tiña unha eslora de 62 metros e pertencía a un armador de Corme. 
Foi construído no 1877 en Inglaterra,polo que tiña case 100 anos cando se afundiu, o 21 de outubro de 1966.
 A tardanza en chegar ó seu destino en Vilagarcía dende Zumaia , fixo sobrevoar o halo da traxedia. 
Os mariñeiros de Camariñas localizaron flotando no mar os salvavidas do buque na punta Boi.