Nome: San Fernando
Tipo: Balandro
Nacionalidade: Española
Data: 28/08/1925
Lugar: Enseada de Trece
AUDIORELATO: EROS E TÁNATOS
Un lugar natural cunha beleza extraordinaria para uns, para outros o leito mais atroz que lembraron sempre.

Pertencente á compañía de salvamento Viúva de Marquéz, atopábase nos baixos do paxaro, enriba do Trevidere, nas labouras de extraer a chatarra do pecio afundido no 1911, cando ao erguer unha prancha de ferro co cabestrante, o barco envorcou. Un buzo e tres mariñeiros deixaron tres viúvas e 16 orfos en Camelle.