Naufraxios




Nome:  Ciampa 

Tipo: Carboeiro 

Nacionalidade: Italiana 

Data: 30/04/1911 

Lugar: Baleas de Tosto



AUDIORELATO: EROS E TÁNATOS

Un lugar natural cunha beleza extraordinaria para uns, para outros o leito mais atroz que lembraron sempre.




O 30 de abril de 1911, coa borraxeira como cómplice, o Ciampa naufragaba nas Baleas de Tosto. A tripulación, a salvo nas lanchas, puido divisar como o barco se somerxía no océano. Unha hora e media antes, na preta enseada de Trece, sucumbía o Trevidere.