Nome: Yaga
Tipo: Mercante
Nacionalidade: Liberiana
Data: 02/01/1975
Lugar: Baleas de Tosto
O pequeno
mercante liberiano Yaga, de 524 toneladas,foi construído en Holanda en 1958.
Desapareceu case sen deixar pegadas a finais de decembro de 1974. O 2 de
xaneiro de 1975 confirmouse a nova de que os restos atopados aboiando nas
Baleas de Tosto (unha balsa, un arco salvavidas, un radioteléfono, un bote de
madeira case esnaquizado, unha escaleira e un alzo de madeira), pertencían ó buque
Yaga, que se foi a pique sen saber o que lle aconteceu a tripulación.