Naufraxios




Nome:  Seebold 

Tipo: Vapor 

Nacionalidade: Española 

Data: 15/01/1895 

Lugar: Augas do Vilán




A pesar do seu nome, tratábase dun vapor español. Partira de Rouan o 5 de xaneiro de 1895, con rumbo a Alacante, onde descargaría as pipas e bocois baleiros.
 Xa en augas galegas, sorprendeuno un temporal que o obrigou a tomar abrigo na rada de Bares o día 13.
 Ó seguinte día, aproveitando que aumentara a borrasca, tomou rumbo a Fisterra.
Cando sucaba as Baleas do tosto, o 15 de xaneiro, un ruído infernal crocou o buque de proa a popa.A desgraza consumábase, a hélice caera sobre o codaste para desprenderse definitivamente un intre despois cara ó fondo do mar xunto ó seu eixe.
 A fenda provocada fixo que se asolagara de contado, afundíndose sen remedio. O capitán mandou arriar botes, sendo rescatados polo barco Cabo Prior.