Naufraxios




Nome:  Tinacria 

Tipo: Vapor 

Nacionalidade: Inglesa 

Data: 07/02/1893 

Lugar: Enseada de Lucín

 

AUDIORELATO: A TOPONIMIA DOS NAUFRAXIOS




No baixo de Lucín, entre a punta do Boi e as Baleas de Tosto, naufragou con gran perda de vidas o vapor inglés Tinacria. 
Dirixíase desde Glasgow a Livorno, vía Xibraltar e Xénova.
 A súa carga eran: ladrillos, carbón, ferro e cera.
As condicións esa noite ,do 6 ó 7 de febreiro de 1893, eran pésimas. A un forte temporal, con ventos de compoñente oeste, uníase unha gran cerrazón que impediu a visión do Faro Vilán.
 Nestas circunstancias embarrancou o Tinacria ás seis da maña do día 7. 
Das 37 persoas que ían abordo (33 tripulantes e catro mulleres como pasaxeiras), só sete membros da tripulación ían ver amencer o día.
 Coa claridade aínda viron o casco do buque, desmantelado e varrido constantemente polas ondas. Xa só quedaba recuperar os cadáveres que o mar botaba na costa e ós que a xente da zona se encargaba de dar sepultura nas mesmos lugares onde ían aparecendo. 
Poucos días despois, o mar lanzou un novelo formado por cera, anacos de velas, madeira e cadáveres. Imposible de desfacer tan macabro novelo, asperxeuse todo con petróleo e prendéuselle lume. A furna é coñecida dende aquela como "a furna dos defuntos queimados".