Naufraxios




Nome:  Nord Atlantic  

Tipo: Petroleiro 

Nacionalidade: Alemana 

Data: 05/08/1943 

Lugar:  Quebrantes do medio (Ría de Camariñas)



AUDIORELATO: A VASOIRA DE XESTA

Aqueles ruídos de torpedos, avións, metralladoras formaron parte do ambiente da costa galega, máis non eran propios, pasaban por aquí, non era a súa guerra. Incluso estes feitos traían algunha ledicia ou rachaban o acotío. Xa pasara, ou mellor dito, aínda estaban na propia guerra, con disparos de medo e silencio. Non sei se existiu a Rosa do relato, pero si outras mulleres con outros nomes, que sufriron o mesmo que Rosa. Sirva como unha homenaxe a Miguel Hernández. 




AUDIORELATO relacionado: AS GUERRAS MUNDIAIS





O petroleiro alemán Nord Atlantic varou nas Quebrantes do Medio, na entrada da Ría de Camariñas.Fuxía dos avións aliados para refuxiarse dentro da ría. Na súa peregrinaxe deixou un rastro de gas. Coas lanchas e gamelas os veciños fixeron abasto do xa chamado “barco do gas”.Isto acontecía o 5 de agosto de 1943.
Sete días despois,un Focke Condor sobrevoaba a ría ferido de morte, para aterrar de emerxencia sobre unha plantación de millo. A sorte fixo que un dos pilotos do avión e o comandante do Nord Atlantic, que non se vían dende o inicio da guerra, se atoparan en Camariñas, eran irmáns.

Máis información