Naufraxios




Nome:  Banora 

Tipo:  Mercante 

Nacionalidade: Marroquí 

Data: 18/11/1965 

Lugar: Coenda Longa


O Banora afundíndose


Recollida das laranxas
O Banora sementou 1600 toneladas de laranxas pola costa. Contratado pola Sociedade Frutera Marroquí (Sofruma), ía de Casablanca a Hamburgo. 
Dende Fisterra traía unha vía de auga que lle anegou a sala de máquinas.
Solicitou os servizos dos remolcadores, pero á súa chegada só puideron certificar o seu afundimento. 
Grazas á actuación rápida dos mariñeiros de Muxía, librouse ós 36 tripulantes de perecer naquel leito. 
O mar abriulle o ventre ó Banora e comezou o festival laranxeiro. 










AUDIORELATO: A POZA DA CONTENDA

No lugar de Coenda aínda hoxe se divisa, xa camuflado entre as algas, o resto do pau do Banora, como aínda hai alguén que conta a historia do sucedido co congro, cando era novo.