Naufraxios




Nome:  Laxham / Gijón 

Tipo:  Mercante/Vapor correo 

Nacionalidade: Inglesa /Española 

Data: 21/07/1884 

Lugar: Augas do Vilán




O mercante inglés Laxham e o vapor correo español de pasaxe Gijón chocaron o 21 de xullo nas augas do Vilán. Morreron 106 persoas do barco español e 18 do inglés. O Gijón partira o día de autos ás catro da tarde de A Coruña, con correspondencia e un pasaxe para Cuba. Navegaba a media máquina, cando, á altura do Vilán, atoparon un banco de néboa. 
En sentido oposto viña navegando o Laxham. Trala  colisión, o inminente afundimento do mercante inglés fixo que a súa tripulación saltase á cuberta do Gijón. Mentres este arriaba os botes, as escenas de terror sucedíanse nos botes salvavidas con sobrepeso, con navalladas incluídas. O primeiro bote levaba unha ducia de persoas, o segundo,asaltado polos ingleses, perigaba con 57 persoas.