Naufraxios




Nome: La Cantabria

Tipo: Fragata 

Nacionalidade: Española 

Data: 20/02/1773 

Lugar: Corno (Camariñas)




Esta fragata, bautizada como La Cantabria, pertencente ó correo naval da súa maxestade Carlos III, cubría a ruta A Coruña – Bos Aires e na viaxe de volta á península, despois de partir de Montevideo, foi rematar os seus días nos baixos de Coenda, a noite do 20 de febreiro de 1773. Unha historia que correu de boca en boca dos vellos que contaban como o capitán da fragata, Cosme Bringas, xa cadáver, foi achado por algún paisano da zona, que afirmou ver xurdir das augas a D. Cosme, co temón nas mans,na costa. Cunha tripulación de 21 homes, 15 faleceron.


AUDIORELATO: NAUFRAXIOS SEN TESTEMUÑAS