Naufraxios


FARO VILÁN

 

AUDIORELATO: PROMONTORIUM SEQUENS


Detrás dunha gran obra, sempre estiveron as mans que a ergueron, non sendo os que habitualmente saen nas fotografías. Este relato narra a historia deses homes doutras terras que deixaron semente nesta. 



 


A través dunha Real Orde do 22 de outubro de 1852, ubícase na parte alta do Vilán un faro de 4ª orde. Inicialmente constrúese un faro para dous torreiros e dous anos despois o aparello da fábrica Lotourneau que tiña lámpada de émbolo con aceite de oliva. O plano focal queda a uns 64 metros por riba do nivel do mar, pero non resultou a súa función o non superar a luz os farallóns do cabo, que intentaron dinamitarse, sen éxito. Aumentase a torre e ponse unha lámpada de
parafina.
Ante  o fracaso decídese construír unha nova torre, que tras a presión de países como Francia e Inglaterra, que ven como os seus barcos afúndense nesta costas por falla de sinalización, inaugurase o 16 de xaneiro de 1896, converténdose no primeiro faro de España con luz eléctrica. Esta complexa construción contaba con dúas máquinas de vapor de doce cabalos, dous magnetos, un alxibe para alimentación das máquinas, taller e carboeira e almacéns atendida por 6 persoas, entre torreiros, fogueiros e maquinistas que vivían no faro e nas antigas vivendas do faro vello.

A torre actual, presenta sección octogonal, construída con pedra granítica da zona e unha altura de 25 metros do chan e cimentase sobre unha rocha elevada a 80 metros sobre o mar. Este faro de 1ª orde ten un alcance de máis de 40 millas, sendo un dos faros máis potentes das nosas costas. Ten 360 escaleiras que unen o edificio coa torre e subida a óptica de cristal.